O Colexio de Arquitectos Premio Nacional de Urbanismo
O pasado 8 de setembro o Decano do Colexio de Arquitectos Jorge Duarte recollía o Premio Nacional de Urbanismo. O premio é un recoñecemento ó Proxecto Terra, do que a prensa se fixo eco.
O Proxecto Terra ofrece material didáctico adaptado aos diferentes niveis de educación (infantil, primaria e secundaria) como medio para coñecer mellor o medio e poñer en valor o patrimonio construido. Como proxecto didáctico, o Proxecto Terra favorece o recoñecemento da diversidade e pon en relación diferentes areas de coñecemento.
Evolución da actividade de visado, primeiro semestre do 2011
O pasado martes 19 de xullo, o Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, D. Jorge Duarte, presentou o informe sobre a evolucións da actividade de visado no primeiro semestre do 2011. A presentación contou coa presenza dos medios de comunicación aos que se lles facilitou unha copia do informe resumindo os feitos máis relevantes.
Como resume pódese destacar que a actividade de visado de vivendas está a continuar en valores mínimos, se ben hai leves signos de recuperación nas sete principais cidades galegas.
Jorge Duarte, presentou o informe sobre a evolución da actividade de visado no
primeiro semestre do 2011. A presentación contou coa presenza dos medios de
comunicación aos que se lles facilitou unha copia do informe resumindo os feitos máis
relevantes.
Nun momento no que a actividade económica é protagonista na información diaria, a
actividade de visado de proxectos de vivendas resulta de grande interese. A construcción
é unha das grandes industrias do país e o visado de proxectos é un indicador que pode
anticipar a evolución do sector da construción debido a que se produce con
anterioridade á concesión de licenzas e á propia realización das obras. Neste senso o
informe reflicte, de xeito pormenorizado e por concellos, o número de proxectos de
vivendas iniciados nos primeiros seis meses do 2011.
ACTUALIZACIÓN: Engádense noticias recollidas na prensa sobre a crise económica no sector da construcción e a situación na Costa da Morte.
Mestrado Universitario UDC: Plans e Proxectos. Do Territorio á Cidade.
Unha nova edición do mestrado universitario sobre planeamento urbanístico e proxecto urbano se abre paso este ano. Neste curso de posgrao, ademais de profundizar nas ferramentas modernas para a elaboración do proxecto a grande escala, se consolidan os coñecementos técnicos dende unha óptica eminentemente práctica sobre os piares básicos da sostibilidade e da acomodación do proxectista aos novos retos do século XXI. O profesorado, con grande experiencia na planificación urbana ou na resolución de proxectos á escala miuda, engloba tanto a enseñantes da UDC de diversas facultades, coma a profesionais de recoñecido prestixio no ámbito académico, profesional ou administrativo.
O prazo de preinscripción abreuse o 13 de xuño, e permanecerá aberto ata o día 21 de xullo. O período de matrícula será dende o 1 de agosto ata o 8 de setembro. Para realiza-la preincripción pode dirixirse ao seguinte enderezo https://matricula.udc.es/preinsMaster/identif.asp
Pode descargar a información do mestrado aquí:
Descripcion_MASTER_URBANISMO_CASTELLANO
Instruccións interpretativas da 2/2010
Con data 11 de maio do 2011, publícanse no Diario Oficial de Gailcia catro Instruccións interpretativas da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Estas Instruccións non son normas legáis se non de textos que reflicten os criterios interpretativos utilizados pola Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras no exercicio das súas competencias.
O COAG ofrece xa éstes catro textos nun arquivo único en galego e en castelán. Ademáis, actualizáronse os textos consolidados da Lei 9/2002 para incluir as Instrucción Interpretativas:
Versión curta: en galego e en castelán.
Versión larga: en galego e en castelán.
As redaccións orixináis pódense consultar no capítulo Outras Disposicións no DOG do 11.05.2011.
Anulación do PXOM de Ourense polo TSXG
O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ourense, aprobado o 29 de Abril do 2003 queda anulado dende onte, 17 de Marzo do 2011 por Sentenza do Tribunal Supremo. De este xeito ponse fin ao proceso iniciado no 2008, coa primeira sentenza de anulación do planeamento, á que seguirían oito máis ata o momento. Este feito supón a entrada en vigor do planeamento anterior, o Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), aprobado o 16 de Setembro de 1986.
En breve procederase á actualización da páxina web de planeamento http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/ para ofrecer esta información.
ACTUALIZACIÓN (01/08/11). Pódese descargar a circular número 18/2011 do COAG na que se informa aos colexiados sobre a posibilidade de tramitar solicitudes de licenza de ocupación de obras non axustadas á liceza municipal de obras. Doutra banda, con data 28/07/11 o Consello da Xunta iniciou a tramitación da ordenación urbanística provisional.
Estatísticas de Visado. Segundo Semestre 2010 e Acumulado Anterior.
Vense de publicar por parte do COAG o Informe de visado (corrección de erros 17.03.2011) sobre a evolución da vivenda en Galicia para o segundo semestre de 2010 e acumulado anterior. A corrección de erros céntrase nos concellos de Coirós (A Coruña) e Pazos de Borbén (Pontevedra) con valores de visado distintos aos amosados na anterior publicación. Porén, o montente total de vivendas visadas mantense nas 4.805 vivendas, sendo válidas as gráficas e conclusións do informe.
Tralo paso por unhas reflexións de cuestións económicas xerais, amósanse desaglosados os diferentes valores para os sectores da vivenda protexida, rehabilitada, colectiva e unifamiliar. Asemade, se inclúe unha comparativa co resto do Estado e finalmente o número global de vivendas visadas tanto por concellos coma agrupados en comarcas para o ano 2010.
Como ben sendo habitual, tamén se achegan as novas que en canto a normativa se presentaron no segundo semestre do ano 2010 e a actualización do mapa de figuras de planeamento que atinxen a cada concello.
Engadimos un resumo do devandito informe que salienta os puntos máis relevantes do estudo, o dossier de prensa completo e un enlace á Televisión de Galicia que recolle a presentación do informe.
En memoria a Dalda
Onte na madrugada faleceu o prestixioso urbanista Juan Luis Dalda Escudero (A Coruña 1945). Doutor arquitecto e profesor Titular de Urbanística e Ordenación do Territorio na Escuela Técnica Superior de Arquitectura da Coruña foi fundador da Oficina de Planeamento SA, xunto con Anxel Viña no ano 1977.
Xunto á memoria da sua destacada personalidade, o seu traballo deixa unha fonda pegada na práctica e na teoría do urbanismo en Galicia. Director de planes e proxectos urbanísticos para os concellos de Ferrol, Oleiros, Madrid, Vigo e por suposto do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, documento internacionalmente recoñecido a través do premio Europeo de Urbanismo 1997-98.
Xunto ao territorio e cidades nas que traballou, queda connosco o seu monumental traballo investigador a prol do urbanismo en Galicia. Un esforzo por coñecer e entender os procesos de transformación e construcción do medio do cual ofrecemos unha aproximación bibliográfica a modo de homenaxe:
- Teoría y método del planeamiento general y urbano (ETSAC, 2009)
- Identidade e ordenación do territorio (Revista galega de educación. 44, 2009)
- Galicia ¿ciudad difusa? : las grandes ciudades gallegas (Ediciones de la Universidad de Oviedo, D.L. 2009)
- La larga fase de aldea (Departamento de Proyectos Arquitectónicos y Urbanismo, ETSAC, 2009)
- Los problemas urbanísticos de los núcleos territoriales : reconocimiento y forma (Departamento de Proyectos Arquitectónicos y Urbanismo, ETSAC, 2009)
- El espacio litoral : métodos y argumentos para el desarrollo y la protección (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2008)
- Sustentabilidade das novas pautas de asentamento en Galicia (Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións, 2007)
- Cidade difusa en Galicia (Universidade da Coruña, Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, D.L. 2006)
- Proxectoterra (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, D.L. 2004)
- As Novas áreas de expansión urbana na Galicia contemporánea (Revista galega de ciencias sociais. 1, 2003)
- Integrando a cidade difusa : a cuestión da vertebración territorial de Galicia no contexto da eurorrexión ( Grial. 155, 2002)
- El (Viejo) escaparate (Universidade da Coruña, Servicio de Publicacións, 1999)
- La Bicicleta como medio y como modo en la planificación del transporte urbano (La Coruña en Bici, 1998)
- Urbanística II, plan antiguo ( Boletín académico / Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. 22, 1998)
- A Protección e a catalogación no proxecto especial de protección e rehabilitación da cidade histórica de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela : Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 1998)
- El Territorio de inserción de la A-9 (Civitas, 1997)
- Plan especial de la ciudad histórica de Santiago de Compostela (Dirección General de Actuaciones Concertadas en las Ciudades, 1995)
- La Transformación urbanística de la ciudad histórica de Santiago de Compostela (Ediciones del Serbal, 1995)
- Ordenar la ciudad difusa (La Voz de Galicia : Fundación Caixa Galicia, D.L. 1994).
- Ordenación del territorio (Consorcio de la Zona Franca, D.L. 1994)
- Infraestructuras de transporte (Consorcio de la Zona Franca, D.L. 1994)
- O Plan especial e as intervencións arquitectónicas na cidade histórica de Santiago de Compostela (Agrupación Cultural O Facho : COAG, Comision de Planeamento e Meio Ambente, D.L. 1994)
- A Planificación de Compostela (Consorcio da Cidade, D.L. 1993)
- Parque do río Cádavo, Fene : ideas para o seu acondicionamiento urbanístico, convenio Concello de Fene-Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (D.L. 1989)
A cidade invisible
O pasado 20 de xaneiro celebrouse en “A cidade invisible”. Baixo este lema celebraronse unha serie de ponencias entorno a participación cidadá e as políticas públicas na cidade esquecida.
O encontro foi organizado por desescribir e coa colaboración de Arquitectos sen fronteiras e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e contou coa presenza de Xiao Varela, Antón Gómez-Reino Varela, Iria Brandariz e Cristina Nieto, Macario Iglesias e Juan Aradas, Jesús Carrazoni Fuertes e Borxa Vilas.
Novo texto consolidado da Lei 9/2002

O pasado 28 de decembro aprobábase a Lei 15/2010 de medidas económicas e administrativas. Ista Lei foi publicada no Diario Oficial de Gailcia con data 30 de decembro do 2010.
A Lei 15/2010 modifica cuestións referentes aos artigos 32, 37, 144 e engade unha nova Disposición Transitoria Quinta. Compre sinalar que tamén foi obxecto de modificación a Lei 10/1995 de Ordenación do Territorio.
(NOTA ACLARATORIA 04.04.11) Compre sinalar que o texto consolidado publicado incorpora as modificacións das que a Lei 9/2002 foi obxecto hasta hoxe se ben as Leis 2/2010 e 15/2010 establecen dereitos e obrigas máis aló do articulado da LOUGA a través das súas propias disposcións transitorias que non se insertan nas disposicións transitorias da 9/2002. No caso da 2/2010 por exemplo: a obriga de adaptación do planeamento en tramitación (DT1); ou o dereito de legalización de construccións sen licenza e/ou sen autorización autonómica (DT3). Estas obrigas e dereitos recóllense na Lei 2/2010 e non forman parte do refundido da 9/2002.
EN GALEGO:
Versión curta: exclusivamente o texto consolidado.
Versión larga: texto consolidado e redaccións orixináis das Leis que modifican á 9/2002.
EN CASTELLANO:
Versión corta: exclusivamente el texto consolidado.
Versión larga: texto consolidado con redacciones originales de las Leyes que modifican la 9/2002 y pies de página con redacciones intermedias del texto consolidado.
A Cidade Interpretada

Durante os meses de outubro e novembro do 2010 desenvólvese en Santiago de Compostela “A Cidade Interpretada“, unha acción temporal que reune as intervencións en diferentes puntos da cidade de nove artistas internacionais. O proxecto promove a participación cidadá na arte contemporánea, fai visible a natureza diversa e singular do espazo público e amosa a importancia do contexto na arte. Estas e outras reflexións pódense ler no folleto da exposición.
A “Cidade Interpretada” conta coa participación de Mircea Cantor, Lonnie van Brummelen & Siebren de Haan, Latifa Echakhch, Andreas Fogarasi, Daniel Knorr, Rubén Santiago, Florian Slotawa e Michael Stevenson. As intervencións repártense ao longo da cidade e formarán parte de ela ata o vindeiro 28 de novembro.





